Buscar este blog

Club Comercio Galicia

Club Comercio Galicia

martes, 30 de diciembre de 2014

A CORUÑA, DELIMITACIÓN ZONA DE GRAN AFLUENCIA TURÍSTICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E INDUSTRIA

RESOLUCIÓN do 15 de decembro de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Economía e Industria, pola que se aproba a proposta motivada do Concello da Coruña de declaración de determinadas áreas do municipio da Coruña como zona de grande afluencia turística.

RESOLVO:

1º. Aprobar a proposta motivada do Concello da Coruña de declaración de determinadas áreas do municipio da Coruña como zona de grande afluencia turística para os efectos da aplicación do réxime especial de horarios previsto no capítulo III da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, durante os seguintes períodos e días:

– Período de Nadal (1 de decembro a 8 de xaneiro).
– Entroido (do venres anterior ao domingo posterior).
– Semana Santa (do venres anterior ao martes posterior).
– Período estival (do 15 de xuño ata o 15 de setembro).

Zona monumental: cidade vella, igrexa de San Domingos, colexiata de Santa María do Campo, igrexa de San Xurxo, igrexa de San Domingos, praza de Azcárraga, praza das Bárbaras, praza de María Pita, Galerías da Mariña, torre de Hércules, murallas do século XVII, xardín de San Carlos, castelo de Santo Antón, Coruña Modernista, Casa Picasso.

Centro cidade: zona de concentración hoteleira, zona hostaleira e zona comercial, zona de recepción de cruceiristas, zona de rutas marítimas, portos deportivos, dársena de autobuses, Paseo do Parrote, xardíns de Méndez Núñez, Museo de Belas Artes, Casa Museo, praias de Riazor, Orzán e O Matadoiro.

Outros: Estadio de Riazor e cemiterio de San Amaro.

2º. A declaración de zona de grande afluencia turística terá unha vixencia de cinco anos, prorrogables por idénticos períodos, sempre e cando quede acreditada para cada caso a persistencia das causas que motivaron a autorización inicial. Así que sexa aprobada, será publicada no Diario Oficial de Galicia.

3º. Se desaparecen as causas que motivaron a declaración de zona de grande afluencia turística, a consellería competente en materia de comercio procederá á súa revogación, logo de audiencia das organizacións que se sinalan no número 1, do artigo 9 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, correspondentes ao concello afectado. Así mesmo, poderanse solicitar os informes oportunos da dirección xeral competente en materia de turismo.


 PLANO DE DELIMITACIÓN