Buscar este blog

Club Comercio Galicia

Club Comercio Galicia
Mostrando entradas con la etiqueta Convenios. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Convenios. Mostrar todas las entradas

jueves, 13 de febrero de 2020

ABANCA e a Federación de Comercio da Coruña impulsan os negocios de proximidade


§        A entidade financeira e a federación coruñesa traballan conxuntamente nunha oferta de crédito para promover a posta en marcha ou a mellora competitiva dos comercios locais

§         Os empresarios asociados beneficiaranse de mellores condicións na contratación de produtos e servizos do banco galego

13.02.2020. ABANCA e a Federación de Comercio da Coruña renovan a súa histórica colaboración e alíanse para impulsar as compras nos negocios de proximidade. Este é o fío condutor do novo convenio de colaboración que ámbalas dúas entidades asinaron hoxe na cidade herculina e que persegue que os comercios asociados teñan á súa disposición condicións especiais nos servizos bancarios empregados na súa actividade.

O presidenta dos comerciantes da provincia, Miguel Agromayor, e o coordinador de Institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño, rubricaron un acordo que confirma o apoio de ABANCA aos empresarios galegos en xeral, e desta provincia en particular.

O protocolo contribúe ao desenvolvemento da actividade dos comerciantes poñendo á súa disposición os produtos e servicios financeiros máis adecuados para dar resposta as súas necesidades, e contando coas mellores condicións. Así, destacan os préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto comercial.

Así mesmo, para facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán a súa disposición o servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, o chamado APRAZOS. Grazas a este servizo pódense financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica.
O texto asinado tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e Bonos que permiten que os negocios paguen unha cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.

Do mesmo xeito, os empresarios pertencentes a esta asociación poderán acceder ás fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores’ co ICO, mediante o cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coas sociedades galegas de garantía recíproca.

Así mesmo, os comerciantes de Rábade poderán beneficiarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA poñerá ademais a disposición da asociación o seu servizo de banca electrónica.

Doutra banda, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, o banco poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada membro.

A Federación de Comercio da Coruña naceu co obxectivo de representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais das empresas da comarca. As iniciativas de promoción son innumerables, pero destacan nos últimos meses iniciativas como os Días Azuis do Comercio Galego ou campañas específicas de dinamización no Nadal e outras datas sinaladas. Pola súa parte, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas na comunidade e cunha oferta adaptada a autónomos e pemes.


miércoles, 19 de diciembre de 2018

ABANCA reafirma o seu compromiso co pequeno comercio da Coruña


§             A entidade financeira galega e a Federación de Comercio da Coruña renovan a súa colaboración co obxectivo de fomentar e promover o comercio na provincia

§             Gracias a este texto os comerciantes poderán beneficiarse do Programa Cero Comisión ou o servizo financiamento instantáneo APRAZOS, e competir coas grandes superficies

ABANCA e a Federación de Comercio da Coruña acaban de renovar o seu convenio financeiro co obxectivo posto en impulsar, fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da provincia. Este acordo permite á federación proporcionar máis medios ao comercio coruñés e establecer un marco xeral de cooperación con ABANCA para facilitar a actividade e desenvolvemento socio-económico dos asociados.

O presidente da Federación de Comercio da Coruña, Miguel Agromayor, e o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño, rubricaron hoxe na cidade herculina un acordo que renova a aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial da provincia.

En virtude deste acordo os establecementos asociados terán á súa disposición condicións especiais nos servizos bancarios necesarios para a súa actividade. Así, os comerciantes poderán contratar produtos como pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.

Grazas a este convenio os comerciantes coruñeses tamén poderán beneficiarse de liñas de financiamento especiais grazas ao Plan Activamos, unha iniciativa conxunta entre o banco e a Deputación da Coruña que inclúe liñas de crédito a intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das pemes e os autónomos da provincia.

Do mesmo xeito, os profesionais pertencentes a esta asociación poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores 2018’ co ICO, mediante o cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Afigal.

Ademais, o documento asinado pon a disposición deste colectivo de empresarios e autónomos a comercialización de produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APRAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Trátase dunha ferramenta especialmente deseñada para que os pequenos comercios poidan competir coas grandes superficies. Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se beneficiarán de tarifas personalizadas no alta e o mantemento dos dispositivos TPV.

Así mesmo, os comerciantes adheridos poderán acceder ás vantaxes que ofrece o Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou outros servizos habituais.

A Federación de Comercio da Coruña agrupa os intereses de diversos negocios desta provincia, que exercen a súa actividade principalmente no sector servizos. Pola súa parte, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.

miércoles, 4 de octubre de 2017

Firma Convenio Financiero entre ABANCA y FEDERACION DE ENTIDADES EMPRESARIALES DEL COMERCIO DE LA PROVINCIA DE A CORUÑA

ABANCA se compromete con la viabilidad del pequeño comercio de A Coruña

·         La entidad financiera firma un convenio de colaboración con la Federación de Comercio de A Coruña para impulsar el acceso al crédito
·        Gracias al texto desarrollado conjuntamente, los comerciantes podrán ofrecer la financiación en el punto de venta de ABANCA, APLAZOS, y competir con las grandes superficies
·        Las dos entidades colaboran en la campaña “Queremos seguir contándoo, merca no comercio tradicional” que obsequia con tarjetas regalo


04.10.2017. ABANCA y la Federación de Comercio de A Coruña acaban de renovar su convenio financiero con el objetivo puesto en impulsar, fundamentalmente a través del crédito, la reactivación económica de la provincia.

El presidente de la Federación de Comercio de A Coruña, Miguel Agromayor, y el director territorial de ABANCA en A Coruña, Gerardo Fuertes, rubricaron hoy en la ciudad un acuerdo que renueva la apuesta que mantiene la entidad financiera con el tejido empresarial de proximidad.

El convenio facilita que los comerciantes de A Coruña asociados accedan a una amplia oferta financiera con condiciones mejoradas respecto al mercado. Así, los asociados podrán contratar productos como pólizas de crédito, préstamos personales e hipotecarios, leasing mobiliario, anticipos, avales o líneas de descuento comercial. El protocolo también incluye condiciones especiales en la contratación de líneas de comercio exterior.

Además, los comerciantes de la provincia adheridos podrán beneficiarse de otras fórmulas de financiación como el Plan Activamos, puesto en marcha de manera exclusiva con la Deputación de A Coruña, y los convenios oficiales de ICO, Igape y Afigal.

Además, el documento firmado pone a disposición de este colectivo de empresarios y autónomos la comercialización de productos específicos de la entidad, entre los que destaca el servicio APLAZOS en sus dos modalidades: con Terminal Punto de Venda (TPV) o sin TPV (banca electrónica). Se trata de una herramienta especialmente diseñada para que los pequeños comercios puedan competir con las grandes superficies. Los profesionales pertenecientes a esta asociación también se beneficiarán de tarifas personalizadas en el alta y el mantenimiento de los dispositivos TPV.

De la misma manera, los comerciantes adheridos podrán acceder a las ventajas que ofrece el nuevo Programa Cero Comisiones de ABANCA, que permite dejar de pagar por el mantenimiento de las cuentas y tarjetas, pero también por las transferencias, ingresos de cheques u otros servicios habituales.

ABANCA y la Federación de Comercio de A Coruña han colaborado recientemente en la campaña “Queremos seguir contándoo, merca no comercio tradicional”, que trata de impulsar las compras en los negocios de proximidad. Los niños de entre 10 y 12 años han podido participar en un concurso de redacción en el que se obsequiaba con 20 tarjetas prepago de entre 100 y 300 euros a los mejores trabajos, que podrán ser utilizadas en estos comercios. La entrega de los premios tendrá lugar el próximo 14 de octubre.