Buscar este blog

Club Comercio Galicia

Club Comercio Galicia

miércoles, 23 de febrero de 2011

Proxecto de Decreto polo que se regulan as Mesas Locais


Conforme o artigo 30º.I.4 do Estatuto de autonomía de Galicia, correspóndelle a esta Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de comercio interior, sen prexuízo da política xeral de prezos e da lexislación sobre a defensa da competencia, nos termos do disposto nos artigos 38º, 131º e 149º.1.11 e 13 da Constitución española.

O Parlamento de Galicia aprobou a Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comerciointerior de Galicia, que foi publicada no Diario Oficial de Galicia o 29 de decembro de2010 e entrou en vigor o 19 de xaneiro de 2011.

O artigo 21º da devandita lei recolle a constitución da Mesa Local do Comercio comoórgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre aAdministración Local e os axentes representativos do sector comercial.

A correspondente deputación provincial asumirá as funcións da Administración local na Mesa Local do Comercio naqueles concellos que non conten cun número mínimo de vinte comercios retallistas ou cando non existan asociacións de comerciantes.

A disposición final primeira faculta o Goberno galego para ditar as normas que sexan precisas para o desenvolvemento desa lei. Con este decreto faise uso da devandita habilitación, regulándose as funcións, a composición e o funcionamento do referido órgano colexiado con suxeición, así mesmo, á Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico
de Galicia.

Na súa virtude, en exercicio das atribucións conferidas polo artigo 34.5 da Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e da súa presidencia, por proposta da persoa titular da Consellería de Economía e Industria, de acordo co ditame do Consello Consultivo de Galicia e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día xx de xxxxxx de 2011,

DISPOÑO
Artigo 1º. Obxecto
Este decreto ten por obxecto regular a composición, a constitución e o réxime interno de funcionamento da Mesa Local do Comercio, en desenvolvemento do disposto no artigo 21º da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do comercio interior de Galicia.

Artigo 2º. Natureza e obxectivos
1. A Mesa Local do Comercio constitúese como un órgano colexiado de participación, coordinación, cooperación e colaboración entre a Administración Local e os axentes representativos do sector comercial.

2. Os obxectivos da Mesa Local do Comercio son os seguintes:

a) Lograr un maior dinamismo e modernización do comercio.

b) Erixirse en foro de debate plural e eficaz.

c) Actuar como órgano consultivo e de coordinación local co obxectivo de consensuar as políticas municipais para a promoción da actividade comercial do municipio.

Artigo 3º. Domicilio
A Mesa Local do Comercio terá o seu domicilio, para os efectos de notificacións, nas dependencias do concello ou da deputación provincial correspondente.

Artigo 4º. Funcións
A Mesa Local do Comercio terá as seguintes funcións:

a) Participar no deseño das campañas de promoción do comercio que poña en marcha o correspondente concello.

b) Informar as campañas de promoción do comercio que se financien con fondos públicos.

c) Informar as solicitudes presentadas polas persoas comerciantes para a realización das feiras de oportunidades.

d) Actuar como órgano consultivo do concello, en todas as cuestións que afecten ao comercio retallista do municipio.

e) Propoñer ao concello cantas medidas, iniciativas e propostas considere conveniente para o desenvolvemento e a mellora do sector.

f) Ser oída na elaboración de plans de tráfico e de ordenación urbana.

g) Informar en todos aqueles asuntos nos que, pola súa relevancia para o comercio retallista do concello, lle sexa solicitado pola consellería competente na materia.

Artigo 5º. Integrantes da Mesa Local do Comercio
1. Formarán parte da Mesa Local do Comercio unha persoa representante de cada unha das asociacións locais de persoas comerciantes e de persoas consumidoras existentes no respectivo concello e igual número de representantes da Administración local, así como unha persoa representante da Administración autonómica, esta última con carácter voluntario. Exercerá a secretaría a persoa designada para o efecto pola Administración local, que asistirá a Mesa Local do Comercio con voz pero sen voto.

2. A composición da Mesa Local do Comercio tenderá a acadar unha participación equilibrada de mulleres e homes.

Artigo 6º. Composición da Mesa Local do Comercio nos concellos que conten cun número mínimo de vinte comercios retallistas ou con asociacións de comerciantes
1. A Mesa Local do Comercio dos concellos que conten cun número mínimo de vinte comercios retallistas ou con asociacións de comerciantes estará composta por:

a) Presidencia: o alcalde ou a alcadesa-presidente/a do Concello, ou a persoa en quen delegue.

b) Vogais:
1º) O/a presidente/a, ou a persoa en quen delegue, de cada unha das asociacións locais de persoas comerciantes.

2º) O/a presidente/a, ou a persoa en quen delegue, de cada unha das asociacións locais de persoas consumidoras.

3º) O número de representantes da Administración local que sexa necesario para igualar a representación municipal coa das asociacións de persoas comerciantes e consumidoras.

4º) Unha persoa representante da Administración autonómica, que será designada pola consellería competente en materia de comercio.

c) Secretaría: actuará como secretario/a a persoa designada para o efecto polo concello, con voz pero sen voto.

2. No caso de concellos que non teñan asociacións de persoas comerciantes e que conten cun mínimo de vinte establecementos comerciais, o concello convocará ás persoas titulares deles a unha asemblea para elixiren a súa representación.

3. No suposto de que non existan asociacións de persoas consumidoras, o concello convocará a unha persoa representante da asociación de consumidores de carácter provincial con maior número de socios e socias.

4. Poderán formar parte das mesas locais das grandes cidades de Galicia, ademais das persoas anteriores, unha persoa representante das federacións de asociacións de comerciantes máis representativas da correspondente provincia e unha persoa representante da cámara oficial de comercio da correspondente demarcación. Neste suposto, incrementarase o número de representantes do concello ata igualar as representacións do sector comercial na correspondente mesa local.

5. Naqueles concellos nos que existan máis de sete asociacións de persoas comerciantes, realizarase un sorteo entre elas para o obxecto de designaren as sete asociacións que formarán parte da Mesa Local do Comercio. Despois de transcorrer o mandato das asociacións de persoas comerciantes designadas, efectuarase un novo sorteo no que se procurará no posible a renovación das persoas representantes do sector comercial.

Artigo 7º. Composición da Mesa Local do Comercio nos concellos que non conten
cun número mínimo de vinte comercios retallistas nin con asociacións de
comerciantes
1. A correspondente deputación provincial asumirá as funcións da Administración local na Mesa Local do Comercio naqueles concellos que non conten cun número mínimo de vinte comercios retallistas nin con asociacións de comerciantes.

2. A Mesa Local do Comercio estará composta por:
a) Presidencia: o/a presidente/a da correspondente deputación provincial, ou a persoa en quen delegue.

b) Vogais:
1º) Os/As alcaldes/as deses concellos, ou as persoas en quen deleguen.

2º) O/a presidente/a, ou a persoa en quen delegue, de cada unha das federacións provinciais de persoas comerciantes e de persoas consumidoras e o número de representantes destas que sexa necesario para igualar a súa representación coa da Administración local.

3º) Unha persoa representante da Administración autonómica, designada pola consellería competente en materia de comercio.

c) Secretaría: actuará como secretario/a a persoa designada para o efecto pola deputación provincial, con voz pero sen voto.

Artigo 8º. Participacións
Por petición de calquera dos/das integrantes da mesa e logo do acordo dela, tamén poderán participar de maneira puntual, en relación cos temas que se van tratar na orde do día correspondente, calquera outra persoa, con voz pero sen voto, sempre que sexa comunicado con antelación ao comezo da sesión.

Artigo 9º. Substitución, mandato e cesamento
1. Todas as organizacións e institucións representadas designarán as persoas encargadas de suplir as súas representantes no caso de inasistencia, por escrito, e con antelación ao inicio das sesións.

2. O mandato das persoas integrantes da mesa será de catro anos renovables.

3. As persoas membros da mesa cesarán cando se produza algunha das seguintes causas:
a) Incapacidade permanente ou falecemento.
b) Incorrer en penas que as inhabiliten para o exercicio de funcións ou cargos públicos.
c) Renuncia.
d) Por proposta da entidade que as designou.
e) Cando deixen de concorrer os requisitos que determinaron a súa designación.

Artigo 10º. Funcionamento
1. A Mesa Local do Comercio reunirase como mínimo unha vez ao ano en sesión ordinaria, e en cantas sesións extraordinarias se convoquen, conforme ao disposto no apartado 3 deste artigo. Transcorrido un ano sen que o respectivo concello convoque a Mesa Local do Comercio, esta poderá ser convocada pola Administración autonómica.

2. O/A secretario/a notificará a convocatoria das sesións ordinarias, con expresión da orde do día e o lugar e a hora da reunión, a cada unha das persoas membros da mesa, cunha antelación mínima de tres días hábiles. Xunto coa convocatoria achegarase a acta da sesión anterior e a documentación correspondente aos temas que se van tratar, salvo que o volume desta o desaconselle. Neste caso, a documentación estará dispoñible, para a súa consulta, no domicilio da mesa.

3. A Mesa Local do Comercio reunirase en sesións extraordinarias por orde do/a presidente/a, a iniciativa propia ou a petición de, alomenos, unha cuarta parte das súas persoas membros. A convocatoria notificarase cunha antelación mínima de 48 horas, coa indicación do lugar e hora da reunión, a orde do día e os puntos propostos por quen instara dita convocatoria extraordinaria.

4. Para a válida constitución da mesa en primeira convocatoria requirirase a presenza do/a presidente/a e do /a secretario/a ou, no seu caso, de quen os/as substitúan e, polo menos, da metade das persoas integrantes, entre as estará unha persoa representante do sector comercial e outra en representación das persoas consumidoras.

5. En segunda convocatoria, a sesión comezará trinta minutos despois da hora fixada para a primeira, e requirirá, nos mesmos termos do apartado anterior, a presenza de alomenos unha terceira parte das persoas integrantes da mesa, entre as estará necesariamente unha persoa representante do sector comercial.

6. As persoas que integran a Mesa Local do Comercio poderán delegar o seu voto en calquera integrante dela para unha sesión concreta, sempre que non puideran asistir as designadas coma as súas substitutas de acordo co establecido no artigo 9º.1. Esta delegación realizarase por escrito, que se presentará á secretaría da mesa antes do comezo da sesión para que o comunique ao resto das persoas integrantes ao constituírse a mesa. Entenderase que a persoa delegante está presente para os efectos da consecución de quórum.

7. Os acordos tomaranse por maioría simple de votos e o/a presidente/a contará con voto de calidade.

8. Non poderá ser obxecto de deliberación ou acordo ningún asunto que non estea incluído na orde do día, salvo que sexa declarado de urxencia por maioría simple das persoas membros da mesa. As persoas membros da mesa poderán propoñer temas para incluír na orde do día, sempre que sexan recibidos polo/a secretario/a cunha antelación de vinte días naturais.

9. De cada sesión levantarase acta polo/a secretario/a, na que relacionará necesariamente os/as asistentes a ela, a orde do día, o lugar e a data de realización, os puntos principais das deliberacións e os acordos adoptados, especificando o número de votos emitidos, a favor, en contra e abstencións. Por solicitude das persoas membros indicarase o sentido do seu voto favorable, ou os motivos de súa abstención ou voto en
contra.

Calquera persoa membro ten dereito a solicitar a transcrición íntegra da súa intervención ou proposta, sempre que a aporte por escrito no acto ou no prazo de cinco días hábiles, contado dende a data de realización da sesión, facéndose constar así na acta ou uníndose a esta unha copia do escrito coa transcrición da intervención.

Artigo 11º. Remisión normativa
En todo o non previsto neste decreto, será de aplicación o establecido para os órganos colexiados na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia.

Disposicións derradeiras
Primeira.- Habilitación para o desenvolvemento do decreto.
Facúltase a persoa titular da consellería competente en materia de comercio para ditar as normas necesarias para a execución, desenvolvemento e aplicación deste decreto.

Segunda.- Entrada en vigor
Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de
Galicia.