Buscar este blog

Club Comercio Galicia

Club Comercio Galicia

lunes, 3 de enero de 2011

Novedades Ley 13/2010, de 17 de diciembre, de comercio interior de Galicia en relación a las rebajas

Ante a publicación da Lei 13/2010, do 17 de decembro, do Comercio Interior de Galicia (publicada no D.O.G de 29 de decembro de 2010 e que entrará en vigor aos 20 días da súa publicación no referido Diario) e con motivo da chegada do período de REBAIXAS DE INVERNO, A FEDERACIÓN DE COMERCIO DE A CORUÑA informa que entre o 7 de xaneiro e o 7 de abril (ambos incluídos), cada comerciante poderá fixar libremente as datas que considere máis oportunas para desenvolver dito tipo de venda, debendo ser durante un período continuo de como mínimo unha semana e como máximo dous meses.

As novidades relativas á venda en rebaixas máis importantes son:

􀂾 Anunciar as rebaixas mediante carteis fixados nos establecementos. Estes carteis deben ser perfectamente visibles dende o exterior, aínda cando o establecemento estea pechado, e neles deberá constar claramente o período de vixencia das rebaixas. Os letreiros e as etiquetas deben exhibir, de forma ben visible, o prezo anterior e o novo, ou en substitución deste último, a porcentaxe de redución aplicada. Por prezo anterior enténdese o aplicado sobre artigos idénticos durante un período continuado de, mínimo, 30 días no curso dos 6 meses precedentes.

􀂾 Non poderán rebaixarse os produtos deteriorados, os adquiridos expresamente para tal finalidade, nin tampouco aqueles que non foran postos á venda cun mes de antelación á data do seu inicio.

􀂾 Os artigos obxecto de venda en rebaixas non poderán ter sido obxecto de práctica promocional algunha no transcurso do mes anterior á data de inicio das rebaixas.

􀂾 É obrigatorio anunciar por escrito na zona de caixa e de forma ben visible para o consumidor, os medios de pagamento admitidos, a posibilidade ou non da devolución do produto, así como o prazo no que esta se pode facer efectiva -de non fixarse este será de 7 días naturais-. Esta información deberá figurar igualmente no ticket de compra.

􀂾 No caso de admitir a devolución, o comerciante procederá, á súa opción, ao reembolso do importe ou ao outorgamento dun vale sen caducidade polo importe da compra. Esta información tamén deberá anunciarse de forma clara e visible para o consumidor.

􀂾 Nun mesmo establecemento comercial, non poderán realizarse ao mesmo tempo e para o mesmo tipo de produtos a venda en rebaixas e calquera outra actividade promocional (saldos, liquidacións, vendas con desconto, con obsequio e vendas directas).

􀂾 O comerciante deberá admitir os mesmos medios de pagamento que acepta habitualmente no desenvolvemento da súa actividade.

􀂾 Os produtos ofertados deberán ter as mesmas características e someterse ás mesmas condicións contractuais que as existentes no establecemento con anterioridade ao inicio das rebaixas (por exemplo, se habitualmente se admiten as devolucións, tamén en rebaixas se teñen que aceptar).

􀂾 Para poder realizar unha venda en rebaixas a redución de prezos ten que afectar, polo menos, á metade dos artigos postos á venda. Ademais, os artigos non rebaixados deberán de estar suficientemente separados e diferenciados dos rebaixados, de xeito que non poidan confundir ou inducir a erro ao consumidor.

􀂾 Os comerciantes deberán comunicar ao departamento territorial da Consellaría de Economía e Industria, previamente ao seu inicio, as actividades promocionais que pretendan levar a cabo no mes anterior ao de inicio das rebaixas, indicando as condicións que se aplican, duración e produtos obxecto da promoción de que se trate.

􀂾 Recordar que a venda en rebaixas fóra do período indicado e sen ter en conta as obrigas sinaladas pode dar lugar á apertura de expedientes sancionadores por parte da Consellería de Economía e Industria.