§
A entidade financeira
galega e a Federación de Comercio da Coruña renovan a súa
colaboración co obxectivo de fomentar e promover o comercio na provincia
§
Gracias a este texto
os comerciantes poderán beneficiarse do Programa Cero Comisión ou o servizo
financiamento instantáneo APRAZOS, e competir coas grandes superficies
ABANCA e a Federación de Comercio da Coruña
acaban de renovar o seu convenio financeiro co obxectivo posto en impulsar,
fundamentalmente a través do crédito, a reactivación económica e comercial da
provincia. Este acordo permite á federación proporcionar máis medios ao
comercio coruñés e establecer un marco xeral de cooperación con ABANCA para
facilitar a actividade e desenvolvemento socio-económico dos asociados.
O presidente da Federación de Comercio da
Coruña, Miguel Agromayor, e o coordinador institucional de ABANCA na Coruña, José
Manuel Vilariño, rubricaron hoxe na cidade herculina un acordo que renova a
aposta que mantén a entidade financeira co tecido empresarial da provincia.
En virtude deste acordo os establecementos
asociados terán á súa disposición condicións especiais nos servizos bancarios
necesarios para a súa actividade. Así, os comerciantes poderán contratar
produtos como pólizas de crédito,
préstamos persoais e hipotecarios, leasing
mobiliario, anticipos, avais ou liñas de desconto comercial.
Grazas a este convenio os comerciantes
coruñeses tamén poderán beneficiarse de liñas de financiamento especiais grazas
ao Plan Activamos, unha iniciativa
conxunta entre o banco e a Deputación da Coruña que inclúe liñas de crédito a
intereses baixos para facilitar o emprendemento, os novos investimentos, a
creación de emprego ou actuacións de mellora enerxética das pemes e os
autónomos da provincia.
Do mesmo xeito, os profesionais
pertencentes a esta asociación poderán desfrutar das fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a
entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está
adherida á liña de convenio ‘Empresas e
Emprendedores 2018’ co ICO, mediante o cal as empresas poderán dispoñer de
recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir
as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das
vantaxes do acordo do banco coa sociedade galega de garantía recíproca Afigal.
Ademais, o documento asinado pon a
disposición deste colectivo de empresarios e autónomos a comercialización de
produtos específicos da entidade, entre os que destaca o servizo APRAZOS nas súas dúas modalidades: con Terminal Punto de
Venda (TPV) ou sen TPV (banca electrónica). Trátase dunha ferramenta
especialmente deseñada para que os pequenos comercios poidan competir coas
grandes superficies. Os profesionais pertencentes a esta asociación tamén se
beneficiarán de tarifas personalizadas no alta e o mantemento dos dispositivos
TPV.
Así mesmo, os comerciantes adheridos
poderán acceder ás vantaxes que ofrece o Programa
Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das
contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingresos de cheques ou
outros servizos habituais.
A Federación de Comercio da Coruña agrupa
os intereses de diversos negocios desta provincia, que exercen a súa actividade
principalmente no sector servizos. Pola súa parte, ABANCA conta coa rede máis
extensa de oficinas en Galicia e cunha oferta axeitada para autónomos e pemes.