Buscar este blog

Club Comercio Galicia

Club Comercio Galicia

viernes, 13 de marzo de 2015

REXISTRO GALEGO DE COMERCIO

A Lei 13/2010, de 17 de decembro, do comercio interior de Galicia establece no seu artigo 8º a creación do Rexistro Galego de Comercio.
O rexistro terá efectos estadísticos e nace co propósito de ter un censo actualizado dos establecementos comerciais e das actividades comerciais desenvolvidas na Comunidade Autónoma de Galicia.
O Rexistro Galego de Comercio será público e a inscrición no mesmo é gratuíta, e considerada condición indispensable para optar a calquera das liñas de axuda convocadas pola Administración da Comunidade Autónoma ou para participar activamente nos programas específicos.
Voluntariamente, calquera comerciante ou asociación poderá instar a súa inscrición no rexistro.

Se queres consultar as empresas inscritas no Rexistro Galego de Comercio, podes facelo a través de este enlace: