Buscar este blog

Club Comercio Galicia

Club Comercio Galicia

viernes, 1 de enero de 2010

Saúdo do Presidente


Quero darlle a benvida a esta web que pretende ser un punto de información e opinión, transparente e útil para todos os profesionais relacionados e interesados co sector.
A Federación de Comercio da provincia de A Coruña é consciente de que estamos no tempo das novas tecnoloxías e da sociedade da información na que os cambios sucédense a unha velocidade vertixinosa. Trátase dunha nova revolución, de carácter permanente, que require do noso esforzo para adaptarnos ós moitos requisitos que nos atopamos.

Consciente de todo iso, esta Federación Provincial, pretende afondar nun dos obxectivos básicos:

Promover e fomentar a integración e o asociacionismo empresarial mediante a prestación de servizos modernos e eficaces, como ferramentas dos nosos asociados e visitantes para coñecernos máis e mellor, ó mesmo tempo que se benefician da completa información que esta contén sobre a nosa organización.

O meu desexo e a miña intención é que o comerciante, en xeral, e a nosa Provincia, en particular, se una a este tipo de iniciativas e, dunha vez, se incorpore ó mundo das novas tecnoloxías. Aposta que redundará, sen dúbida, no incremento da competitividade dos nosos produtos e servizos.



Miguel Agromayor
Presidente