Buscar este blog

Club Comercio Galicia

Club Comercio Galicia

jueves, 13 de febrero de 2020

ABANCA e a Federación de Comercio da Coruña impulsan os negocios de proximidade


§        A entidade financeira e a federación coruñesa traballan conxuntamente nunha oferta de crédito para promover a posta en marcha ou a mellora competitiva dos comercios locais

§         Os empresarios asociados beneficiaranse de mellores condicións na contratación de produtos e servizos do banco galego

13.02.2020. ABANCA e a Federación de Comercio da Coruña renovan a súa histórica colaboración e alíanse para impulsar as compras nos negocios de proximidade. Este é o fío condutor do novo convenio de colaboración que ámbalas dúas entidades asinaron hoxe na cidade herculina e que persegue que os comercios asociados teñan á súa disposición condicións especiais nos servizos bancarios empregados na súa actividade.

O presidenta dos comerciantes da provincia, Miguel Agromayor, e o coordinador de Institucional de ABANCA na Coruña, José Manuel Vilariño, rubricaron un acordo que confirma o apoio de ABANCA aos empresarios galegos en xeral, e desta provincia en particular.

O protocolo contribúe ao desenvolvemento da actividade dos comerciantes poñendo á súa disposición os produtos e servicios financeiros máis adecuados para dar resposta as súas necesidades, e contando coas mellores condicións. Así, destacan os préstamos para anticipar subvencións ou aprazar o pago de impostos, sen xuros ou comisións. O texto tamén recolle outras opcións de financiamento a través de pólizas de crédito, préstamos persoais e hipotecarios, leasing mobiliario, avais ou liñas de desconto comercial.

Así mesmo, para facilitar a competitividade dos asociados, os clientes terán a súa disposición o servizo de financiamento no punto de venta de ABANCA, o chamado APRAZOS. Grazas a este servizo pódense financiar as compras de forma rápida, sinxela e económica.
O texto asinado tamén recolle unha oferta mellorada para a contratación de TPV (Terminais Punto de Venda) da entidade e Bonos que permiten que os negocios paguen unha cantidade fixa todos os meses, incluíndo un volume de vendas pactado que se corresponde co que os comercios estiman facturar anualmente a través do TPV.

Do mesmo xeito, os empresarios pertencentes a esta asociación poderán acceder ás fórmulas de financiamento oficiais incluídas nos convenios que a entidade financeira mantén con diversos organismos públicos. ABANCA está adherida á liña de convenio ‘Empresas e Emprendedores’ co ICO, mediante o cal as empresas poderán dispoñer de recursos financeiros para acometer os seus proxectos de investimento e cubrir as súas necesidades de liquidez no ámbito doméstico. Tamén poderán gozar das vantaxes do acordo do banco coas sociedades galegas de garantía recíproca.

Así mesmo, os comerciantes de Rábade poderán beneficiarse das vantaxes do Programa Cero Comisións de ABANCA, que permite deixar de pagar polo mantemento das contas e tarxetas, pero tamén polas transferencias, ingreso de cheques ou outros servizos habituais. ABANCA poñerá ademais a disposición da asociación o seu servizo de banca electrónica.

Doutra banda, co ánimo de optimizar a calidade do servizo que se presta aos asociados e dar unha atención máis personalizada a este colectivo, o banco poñerá á súa disposición persoal especializado en xestión de seguros, quen informará das pólizas que mellor se adapten ás necesidades de cada membro.

A Federación de Comercio da Coruña naceu co obxectivo de representar, defender e promocionar os intereses económicos, sociais, profesionais e culturais das empresas da comarca. As iniciativas de promoción son innumerables, pero destacan nos últimos meses iniciativas como os Días Azuis do Comercio Galego ou campañas específicas de dinamización no Nadal e outras datas sinaladas. Pola súa parte, ABANCA conta coa rede máis extensa de oficinas na comunidade e cunha oferta adaptada a autónomos e pemes.